A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda ten habilitadas catro liñas de axudas a particulares para o pago de alugueiro cun orzamento de case 10 millóns de euros | Observatorio de Vivenda

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda ten habilitadas catro liñas de axudas a particulares para o pago de alugueiro cun orzamento de case 10 millóns de euros

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda ten habilitadas catro liñas de axudas a particulares para o pago de alugueiro cun orzamento de case 10 millóns de euros

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda ten habilitadas neste momento ata catro liñas de axuda destinadas a particulares con escasos recursos económicos para o pago do alugueiro dos seus fogares cun orzamento global de case 10 millóns de euros.

As axudas xerais, destinadas a persoas e colectivos específicos con escasos recursos, poden solicitarse ata o vindeiro 30 de abril e contan con dúas liñas diferenciadas: unha destinada á poboación en xeral, cuns importes máximos de ata 200 euros mensuais que poderían chegar aos 250 para as persoas maiores de 65 anos, e outra para os menores de 35 anos, que tamén poderán optar a subvencións de ata 250 euros ao mes. En ambos casos, a duración desta achega será dun ano.

Esta nova convocatoria, enmarcada no Plan Estatal de Vivenda 2018-2021, conta cunha partida orzamentaria de 2,27 millóns de euros e, na actualidade coas resolucións da anterior edición, está a beneficiar a máis de 5.000 galegos.

Fonte | Xunta de Galicia