A construcción en Galicia encadea nove meses de caída tras enlazar cinco anos á alza | Observatorio de Vivenda

A construcción en Galicia encadea nove meses de caída tras enlazar cinco anos á alza

A construcción en Galicia encadea nove meses de caída tras enlazar cinco anos á alza

Tras a hecatombe da burbulla inmobiliaria entre 2009 e 2014, a metade dese último año o sector da construcción en Galicia comezou a recuperación que se certificou cun crecemento do 3,4% en 2015, e que continuou nos exercicios posteriores, incluso algún por encima do 4%. 

Tras 22 trimestres de crecemento chegaron tres de caída. Os tres primeiros de 2020. Entre xaneiro e marzo, a actividade baixou un 8,9%, pero entre abril e xuño se desplomou un 23%. No terceiro, o descenso non foi tan elevado como no segundo, cando o estado de alarma e o confinamento golpearon máis forte. O Valor Agregado Bruto (VAB), que mide o valor total creado por un sector, neste caso da construcción, diminuiu en Galicia un 9,3% entre xullo e setembro en comparación co mesmo período do ano anterior. Nos nove primeiros meses de 2020 o descenso acumulado é do 12%. A caída da actividade afectou ao emprego, ás afiliacións á seguridade social, ao paro e á actividade na edificación e na obra civil. 

Por último, con respecto ao principal indicador da demanda, a compravenda de vivendas, mostrou unha taxa de variación interanual negativa no terceiro trimestre do pasado ano, aínda que mellorou respeto ao trimestre anterior (-41,8%).

Fonte | La Opinión Coruña