A construción de vivenda en Galicia redúcese un 21% nos primeiros seis meses de 2023 respecto ao mesmo período do ano pasado | Observatorio de Vivenda

A construción de vivenda en Galicia redúcese un 21% nos primeiros seis meses de 2023 respecto ao mesmo período do ano pasado

A construción de vivenda en Galicia redúcese un 21% nos primeiros seis meses de 2023 respecto ao mesmo período do ano pasado

O Instituto Galego de Estatística (IGE) rexistra no primeiro semestre un total de 1.249 licenzas otrorgadas de vivendas de nova construción, o que supón unha redución do 21% con respecto ao mesmo período de 2022 e o número máis contido desde a primeira metade de 2019. 

Á vez rexístrase un repunte do 9% no número de autorizacións para acometer a rehabilitación de 316 casas, pero non foi suficiente para compensar o esborralle da obra nova nun escenario no que a falta de oferta tensa os prezos tanto no mercado de alugueiro de vivenda como no de compra.

Doutra banda, o valor engadido bruto xerado polo sector aumentou lixeiramente debido ao bo comportamento da licitación oficial. 

Fonte.- Diario de Pontevedra