A construción e rehabilitación de vivendas en Vigo suma tres anos de crecemento continuado | Observatorio de Vivenda

A construción e rehabilitación de vivendas en Vigo suma tres anos de crecemento continuado

A construción e rehabilitación de vivendas en Vigo suma tres anos de crecemento continuado

Segundos o Colexio Oficial de Arquitectura Técnica de Pontevedra (Coatpo), en Vigo, contabilizáronse 504 expedientes de dirección de obra. A obra nova no concello vigués representa o 27% do total, unha cifra elevada cun presuposto que leva anos en crecemento. Este ano acada os 103 millóns de euros, dez maís ca no exercicio anterior (90 millóns) e o dobre do contabilizado en 2019 (57 millóns). Vigo conta cunha veintena de novas promocións que en dous ou tres anos ofertaran máis de 900 vivendas. O porcentaxe de venda nas vivendas todavía en construcción supera o 50% e nas que están rematadas rozan prácticamente o 90% de media.

A tendencia en Vigo confrota totalmente coa xeral da Provincia, pois mentres en vigo os expedientes de dirección de obras aumentaron de 394 en 2020 a 504 en 2021, un aumento do 28%, na provincia rexistrouxe un retroceso do 14%, pasando das 1.910 construccións en 2020 a 1.641 en 2021.

Este aumento débese principalmente as reparacións e mantemento das fachadas, melloras de accesibilidade e da envolvente, tanto a nivel privado como a nivel público. Dende Coapto, destacan as reformas do Hospital Meixoeiro, a reforma do edificio da Xunta de Galicia na rúa Concepción Arenal, o centro de saúde Suárez Llanos e así como a construcción de vivendas en Tomás Alonso e outras rúas da cidade.

O aumento máis significativo en Vigo tivo lugar no segundo trimestre de 2021 chegando a 163, cunha caída no 4º trimestre do 35%, rexistrando so 90 direccións de obra.

Fonte | Faro de Vigo