Continúa o crecemento de Pontevedra no ámbito inmobiliario coa construción de máis de 500 vivendas novas | Observatorio de Vivenda

Continúa o crecemento de Pontevedra no ámbito inmobiliario coa construción de máis de 500 vivendas novas

Continúa o crecemento de Pontevedra no ámbito inmobiliario coa construción de máis de 500 vivendas novas

O parque inmobiliario de Pontevedra afronta a fase de expansión máis importante dos últimos anos, tendo máis de 400 vivendas novas levantadas nos últimos dous anos. Dende a comercialización iniciada no 2019 estanse a conseguir bos resultados de vendas, tendo un alto porcentaxe de vivendas vendidas sobre plano, con vivendas dunha ou dúas habitacións, apartamentos ou estudos, con perfís de compra moi variados entre familias, demandantes de segunda vivenda ou persoas maiores que cambian o rural pola cidade.

Nos próximos meses, máis de dez promotoras iniciarán as obras de case 500 vivendas novas en distintas zonas da cidade, con vivendas entre 1 e 4 habitacións. As vendas sobre plano chegan ao 70% nalgunhas promocións da cidade. 

Así, con estes datos, espéranse bos resultados para a nova quenda de construcións que virán nos próximos anos. Os prezos dependerán de cada proxecto e sitúanse dende os 87.000 euros para as vivendas máis económicas ata os 315.000 euros para complexos de vivendas de altas calidades. 

 

Fonte | Diario de Pontevedra