A convocatoria de axudas ás ARI municipais prevé este ano un orzamento de ata 10,2 millóns de euros, ao que xa poden optar as seis áreas declaradas de Ferrolterra | Observatorio de Vivenda

A convocatoria de axudas ás ARI municipais prevé este ano un orzamento de ata 10,2 millóns de euros, ao que xa poden optar as seis áreas declaradas de Ferrolterra

A convocatoria de axudas ás ARI municipais prevé este ano un orzamento de ata 10,2 millóns de euros, ao que xa poden optar as seis áreas declaradas de Ferrolterra

O Diario Oficial de Galicia publicou as bases para participar no programa de rexeneración e renovación urbana e rural (ARI), que ten unha contía de 5,4 millóns de euros, un orzamento que poderá ampliarse en 4,8 millóns de euros máis, se se rexistran solicitudes por parte dos concellos que superen o crédito inicial. 

Nese sentido, anímase aos 3 concellos que teñen unha área declarada na comarca, Ferrol, Mugardos e Neda, a participar e presentar proxectos para a rehabilitación de inmobles nas seis zonas que están asignadas nesta área: Recimil, barrio histórico da Magdalena-Ferrol Vello, Esteiro Vello e A Graña na cidade de Ferrol, o núcleo de Mugardos O Seixo e o conxunto histórico de Neda

O importe máximo da axuda que poden percibir os propietarios é de 24.000 euros por vivenda, sen que poida superar o 50% do orzamento, aínda que poderá chegar ao 85% no caso de persoas con ingresos inferiores a tres veces o IPREM e tamén cando se acometan actuacións para a mellora da accesibilidade e se acredite que na unidade de convivencia existen persoas con discapacidade ou maiores de 65 años.

Ademais, os concellos poderán recibir tamén subvencións para actuacións de urbanización e reurbanización de espazos públicos no ámbito da ARI, sempre supeditadas á rehabilitación dos inmobles e cun importe de ata 2.000 euros por cada un recuperado. E a isto hai que sumar que a Administración local recibirá financiamento para a oficina municipal de rehabilitación —1.500 € por vivenda—.

Fonte | Xunta de Galicia