A convocatoria de axudas ás ARI municipais prevé este ano un orzamento de ata 10,2 millóns de euros, ao que xa poden optar as catro novas declaradas en Vigo | Observatorio de Vivenda

A convocatoria de axudas ás ARI municipais prevé este ano un orzamento de ata 10,2 millóns de euros, ao que xa poden optar as catro novas declaradas en Vigo

A convocatoria de axudas ás ARI municipais prevé este ano un orzamento de ata 10,2 millóns de euros, ao que xa poden optar as catro novas declaradas en Vigo

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a Resolución pola que se regula o procedemento para participar no programa de rexeneración e renovación urbana e rural, cunha contía de 5,4 millóns de euros, un orzamento que poderá ampliarse en 4,8 millóns de euros máis, se se rexistran solicitudes por parte dos concellos que superen o crédito inicial.

Nese sentido, a Xunta anima aos 44 concellos que teñen unha área declarada a participar e presentar proxectos para a rehabilitación de inmobles nas 75 ARI municipais que acumula Galicia.

O importe máximo da axuda que poden percibir os propietarios é de 24.000 euros por vivenda, sen que poida superar o 50% do orzamento, aínda que poderá chegar ao 85% no caso de persoas con ingresos inferiores a tres veces o IPREM e tamén cando se acometan actuacións para a mellora da accesibilidade e se acredite que na unidade de convivencia existen persoas con discapacidade ou maiores de 65 años.

Ademais, trátase de axudas compatibles coas do programa de axudas para actuacións de rehabilitación enerxética en edificios existentes convocadas polo IGVS e coas subvencións para actuacións de urbanización e reurbanización de espazos públicos no ámbito da ARI, sempre supeditadas á rehabilitación dos inmobles e cun importe de ata 2.000 euros por cada un recuperado.

Fonte | Xunta de Galicia