A convocatoria do programa Rexurbe da Xunta amplíase ata os 2,2 millóns de euros para a compra de inmobles na Coruña, Tui e Ribadavia | Observatorio de Vivenda

A convocatoria do programa Rexurbe da Xunta amplíase ata os 2,2 millóns de euros para a compra de inmobles na Coruña, Tui e Ribadavia

A convocatoria do programa Rexurbe da Xunta amplíase ata os 2,2  millóns de euros para a compra de inmobles na Coruña, Tui e Ribadavia

A Xunta de Galicia acaba de ampliar de 1,5 a 2,2 millóns de euros o orzamento do programa Rexurbe deste ano destinado a comprar inmobles para construír ou rehabilitar edificios de vivendas nos centros históricos da Coruña, Tui e Ribadavia, segundo consta na resolución publicadae no DOG, en virtude da cal se incrementa o importe da oferta pública de adquisición en 712.000 euros, ao tempo que se redistribúen os fondos dispoñibles.

Deste xeito, para a adquisición de inmobles na cidade da Coruña resérvanse 1,78 millóns de euros; para operacións no concello de Tui a partida é de 353.000 euros; e no caso de Ribadavia, ascende a 79.000 euros.

As vivendas resultantes dos inmobles que sexan adquiridos cualificaranse de promoción pública (VPP) e pasarán a integrar o parque público residencial da cidade, adxudicándose en réxime de alugueiro a través do Rexistro único de demandantes de vivenda.

Fonte | Xunta de Galicia