As correntes migratorias presionan a demanda de alugueiros na provincia de Ourense | Observatorio de Vivenda

As correntes migratorias presionan a demanda de alugueiros na provincia de Ourense

As correntes migratorias presionan a demanda de alugueiros na provincia de Ourense

Os recentes movementos migratorios están provocando que na provincia de Ourense a oferta dispoñíbel de alugueiros sexa, nalgunhas zonas, escasa. Este efecto ven provocado pola crecente inmigración na provincia, en moitos casos retornados e segundas xeracións de emigrados.

Unha inmobiliaria de Celanova sinala que as vivendas para alugar son moi demandadas actualmente, e que apenas hai oferta. Por outra parte, a oferta de vivendas para a venda é variada e con prezos atractivos, pero sen lograr atraer compradores. Engaden que os propietarios dos inmobles en venda prefiren no alugar.

Dende o Concello de Celanova recoñecen estar ao tanto da situación e anuncian que estudarán as diferentes opcións para dinamizar o mercado de alugueiro, non obstante admiten que necesatirán a colaboración de máis organismos.

Fonte| La Voz de Galicia