A Coruña aproba a licenza para a rehabilitación do edificio do Banco Pastor | Observatorio de Vivenda

A Coruña aproba a licenza para a rehabilitación do edificio do Banco Pastor

A Coruña aproba a licenza para a rehabilitación do edificio do Banco Pastor

A xunta do goberno A Coruña aprobou unha serie de lincezas que permitirán poñer en marcha cinco grandes proxectos de construcción e rehabilitación impulsados polo sector privado da cidade. 

O proxecto máis importante é a rehabilitación do edificio do Banco Pastor, un dos máis emblemáticos da cidade xa que foi construido hai 95 anos, sendo o primeiro rañaceos de España. A obra está promovida polo banco Santander e conta cun presuposto de 4,5 millóns de euros. O proxecto destaca polo gran esforzo para conservar tódolos elementos destacados do interior do edificio mentres se modernizan as instalacións para adaptalas aos novos tempos e necesidades. 

Outro dos proxectos destacados é a demolición parcial do antigo centro comercial Comcor, que pechou en marzo do 2019. Ademáis, concedéronse licenzas a tres proyectos de edificacións de vivendas que darán lugar a 115 novos pisos. 

 

Fonte | La Voz de Galicia