A Coruña concedeu a licenza de primeira ocupación para as vivendas sociais de Xuxán tras a presentación pola Xunta do último documento requirido | Observatorio de Vivenda

A Coruña concedeu a licenza de primeira ocupación para as vivendas sociais de Xuxán tras a presentación pola Xunta do último documento requirido

A Coruña concedeu a licenza de primeira ocupación para as vivendas sociais de Xuxán tras a presentación pola Xunta do último documento requirido

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, informou na xornada de onte que a xunta de goberno local concedeu licenza de primeira ocupación ao edificio de vivendas sociais construído pola Xunta no barrio de Xuxán, inmoble que se prevía que fose rematado xa en 2017. A licenza chega nas primeiras 24 horas despois da presentación pola Xunta do último papel requirido. 

Doutra banda, a xunta de goberno tambien deu o visto e prace para a construción de tres edificios de 88 vivendas, con zona urbanizada interior e garaxe mancomunado no parque Eirís, cuxa licenza foi solicitada en xullo de 2022. A empresa dispón dun prazo de seis meses para iniciar as obras dos edificios que constarán de tres bloques con soto máis planta baixa, catro ou seis alturas e ático.

Fonte.- La Voz de Galicia