A Coruña é a cidade galega co alugueiro de vivendas máis caro, a 8,1 euros o metro cadrado | Observatorio de Vivenda

A Coruña é a cidade galega co alugueiro de vivendas máis caro, a 8,1 euros o metro cadrado

A Coruña é a cidade galega co alugueiro de vivendas máis caro, a 8,1 euros o metro cadrado

A Coruña mantense como a cidade galega máis exclusiva á hora de arrendar unha vivenda. Así o indica o último informe do portal Idealista, que sitúa nun 6,7% a suba do prezo do alugueiro en Galicia durante o ano 2020, marcado polo estalido da pandemia.

Este documento sinala o comportamento do custo do arrendamento nas capitais galegas, que, na súa maioría, seguiron unha tendencia alcista. A Coruña é a cidade máis cara, cun prezo de 8,1 euros o metro cadrado; seguida de Santiago de Compostela (7,2); Pontevedra (6,7); e Ourense (6,2). Lugo, pola súa parte, é a capital máis económica, con 5,8 euros o metro cadrado.

No relativo ás subas ou baixadas de prezos durante o último exercicio, hai disparidade. Encabeza a alza do custo no alugueiro Ourense (un 13,5% máis caro); seguido de Lugo (4,1%); Santiago (3,3%); e Pontevedra (1,8%). A Coruña, porén, cunha baixada do 0,2%, é a única capital da comunidade na que as rendas descenderon. 

No cómputo xeral, o prezo das vivendas en alugueiro en Galicia subiu un 6,7% no ano 2020 ata alcanzar os sete euros por metro cadrado, segundo as cifras de Idealista. Nos últimos tres meses, en cambio, o prezo caiu un 0,9%. 

Fonte | El Ideal Gallego