A Coruña é a cidade galega con máis vivendas en réximen de alugueiro con 950 | Observatorio de Vivenda

A Coruña é a cidade galega con máis vivendas en réximen de alugueiro con 950

A Coruña é a cidade galega con máis vivendas en réximen de alugueiro con 950

Segundo o último informe sobre o alugueiro en Galicia publicado pola Federación Galega de Empresas Inmobiliarias (Fegein), a oferta de vivendas en alugueiro na Coruña é a máis grande de todas as cidades galegas. Con 950 inmobles en réxime de arrendamento, a urbe lidera unha lista na que Vigo se atopa en segundo lugar con 850; seguida de Ourense, con 550; e Santiago, con 450.

No relativo ás provincias, a coruñesa é, con diferenza, a que máis vivendas ten na oferta de alugueiro, con 2.250. Neste caso si que descendeu o seu número se se compara con decembro, cando había 2.400. Séguelle Pontevedra, cunha cifra afastada de 1.375.

Fonte | El Ideal Gallego