A Coruña e Pontevedra son as provincias con máis desafiuzamentos en Galicia | Observatorio de Vivenda

A Coruña e Pontevedra son as provincias con máis desafiuzamentos en Galicia

A Coruña e Pontevedra son as provincias con máis desafiuzamentos en Galicia

A Coruña e Pontevedra lideraron no ano 2021 as execucions hipotecarias sobre vivendas en Galicia segundo os datos sacados do Instituto Español de Estatística (INE). Na provincia de A Coruña o total de desafiuzamentos durante o ano pasado foi de 348, unha media de 6 semanais fronte aos 266 que houbo na provincia de Pontevedra, media de 5 á semana. Ourense e Lugo están moi lonxe destes datos con 18 e 31 execucions hipotecarias respectivamente.

Os desafiuzamentos decreceron en todas as provincias galegas con respecto ao ano anterior salvo en A Coruña, que aumentaron de 325 no ano 2020 ata os 348 no 2021.

Fonte.- La Voz de Galicia