A Coruña é a segunda urbe galega con menos oferta de vivenda vacía | Observatorio de Vivenda

A Coruña é a segunda urbe galega con menos oferta de vivenda vacía

A Coruña é a segunda urbe galega con menos oferta de vivenda vacía

En A Coruña hai 135.451 vivendas segundo o Instituto Galego de Estatística (IGE) e delas, 19.283, o 14,24%, están vacías. Así o recolle a Federación Galega de Empresas Inmobiliarias (Fegein) no seu último informe, no que se analiza o parque de inmobles vacíos en cada concello galego e nas 53 comarcas da comunidade, situando á cidade como a segunda das sete grandes urbes galegas con menos activos, tan só por detrás de Vigo, cun 12,94%.

Unha situación que preocupa, xa que o stock de vivenda vacía é mínimo, algo que podería supor maior tensión no mercado, ademáis da subida de prezos tanto no ámbito do alugueiro como no da compra. 

Algunhas das solucións a este problema serían crear un parque de vivendas sociais accesibles para todos os cidadáns ou optar pola rehabilitación de edificios, como ocorre na zona da Cidade Vella e o eixo de Orzán-Panaderas, declaradas área Rexurbe pola Xunta no pasado mes de xuño.

No resto das grandes cidades a disponibilidade con respecto ao número total de inmobles é moioto maior. En Ourense e Lugo a porcentaxe en desuso é do 21,7% no primeiro caso e do 20,7% no segundo, mentres que en Pontevedra é do 17,40%.

Fonte | El Ideal Gallego