A Coruña é a terceira urbe española na que máis sube o prezo da vivenda | Observatorio de Vivenda

A Coruña é a terceira urbe española na que máis sube o prezo da vivenda

A Coruña é a terceira urbe española na que máis sube o prezo da vivenda

Segundo datos do IMIE Mercados Locais, xerada a partir das tasacions realizadas por Tinsa en todo o país, A Coruña experimenta a terceira maior subida no prezo da vivenda de todas as cidades nacionais, cun 12%. Só superada por Cuenca (14,3% e Zamora (12,4%).

Esta tendencia vese acentuada pola comparación co terceiro trimestre do ano anterior, cando se rexistraron as primeiras caídas de prezos a causa da pandemia. En tódolos trimestres deste ano, a revalorización do valor das vivendas en A Coruña foi superior ó anterior. No primeiro trimestre, foi do 8,3%, no segundo de 13,1% e no terceiro fou dun 15,3%. 

Con estos datos, o precio do metro cadrado en A Coruña sitúase nos 1.726 euros, un 16% por encima do mínimo rexistrado no 2015, pero aída está un 22,4% por debaixo do máximo histórico da serie, acadado no 2007. So hai outras catro capitais que están máis preto dos seus máximos históricos. Dous son destinos turísticos (Santa Cruz de Tenerife cun -19,7% e Baleares cun -14,8%) e as outras duas son cidades con gran actividade inmobiliaria (Madrid cun -22,1% e San Sebastián cun -12,1%). A cidade vasca é a que máis preto está do seu máximo histórico.

A nivel autonómico, a alza en Galicia é dun 9,2% no terceiro trimestre, o cal supón a terceira subida máis alta de tódalas Comunidades Autónomas. Únicamente superada por Baleares e Páis Vasco, cunha subida do 11,9% e 11,6% respectivamente. De media o prezo do metro cadrado na comunidade galega subiu até os 1.091 euros, un 30% por debaixo do máximo histórico e un 10% por encima do mínimo históricos dos últimos dez anos.

Fonte | La Opinión