A Coruña é unha das cidades de España onde é máis barato alugar unha habitación | Observatorio de Vivenda

A Coruña é unha das cidades de España onde é máis barato alugar unha habitación

A Coruña é unha das cidades de España onde é máis barato alugar unha habitación

A Coruña é unha das cidades de todo o territorio nacional onde é máis barato alugar unha habitación nun piso compartido, xa que conta cunha media de 225 euros ao mes. Así, en comparación co mes de marzo de 2020, o prezo das habitacións na urbe coruñesa só creceu un 2%, ao pasar dos 220 euros ata os 225 actuais. Iso si, a oferta aumentou un 57% nun ano. 

A oferta de habitacións en piso compartido nas capitais españolas disparouse un 93% no ano da pandemia, segundo o estudo publicado polo portal Idealista. A cidade na que máis creceu a oferta é Madrid, cun aumento do 180% nos últimos doce meses, seguida de Murcia (149%), Ourense (144%), Vitoria-Gasteiz (134%), Tarragona (120%) e Sevilla (116%).

Fonte | El Ideal Gallego