A Coruña rexistra 10 rehabilitacións de edificios por cada obra nova, un récord histórico | Observatorio de Vivenda

A Coruña rexistra 10 rehabilitacións de edificios por cada obra nova, un récord histórico

A Coruña rexistra 10 rehabilitacións de edificios por cada obra nova, un récord histórico

A cidade rexistrou un récord na rehabilitación o pasado ano cun centenar de licenzas de obra deste tipo, a cifra máis alta de todos os municipios galegos e a máis elevada na urbe desde que o Instituto Galego de Estatística empezou a publicar datos, no ano 2000. En canto ás licenzas de obra nova, estas foron un total de 10 nese mesmo ano, nunha urbe cun parque envellecido.

O sector e os expertos explican este fenómeno polas axudas concedidas desde Europa e tramitadas pola Xunta de Galicia para proxectos de rehabilitación enerxética, ademais dun cambio de mentalidade na poboación.

Fonte.- La Opinión de Coruña