A Coruña solicita a Xunta de Galicia unirse ao plan Rexurbe para rehabilitar edificios ruinosos | Observatorio de Vivenda

A Coruña solicita a Xunta de Galicia unirse ao plan Rexurbe para rehabilitar edificios ruinosos

A Coruña solicita a Xunta de Galicia unirse ao plan Rexurbe para rehabilitar edificios ruinosos

O Concello de A Coruña pedirá a Xunta de Galicia que tanto a Cidade Vella como o barrio de Orzán sexan declarados zonas Rexurbe co obxectivo de fomentar a rehabilitación de edificios. No barrio de Orzán o 10 % dos 408 edificios existentes atópanse en estado ruinoso, e na Cidade Vella rúas como a Sinagoga teñen inmobles en moi mal estado. 

De ser aceptado, A Coruña sería a segunda cidade galega en entrar no plan Rexurbe, xunto a Mondoñedo. A Lei de Rehabilitación e Rexeneración Urbana (Rexurbe) entrou en vigor hai un ano e unha das medidas que inclúe é a aplicación dunha carga aos inmobles abandonados cuxos propietarios incumplisen a orde de rehabilitación. 

 

Fonte | El Ideal Gallego