A COVID lastra as vendas de vivendas en Galicia cun 19% menos que fai un ano | Observatorio de Vivenda

A COVID lastra as vendas de vivendas en Galicia cun 19% menos que fai un ano

A COVID lastra as vendas de vivendas en Galicia cun 19% menos que fai un ano

O alugueiro gana terreo á vivenda en propiedade, xa que nos primeiros meses do ano, no mercado inmobiliario galego rexistráronse un total de 11.724 operacións de compravenda de vivendas, unha media de 40 cada día, case un 19% menos que o mesmo período de 2019, segundo datos publicados onte polo Instituto Nacional de Estadística (INE).

Das catro provincias galegas, o groso das transaccións concéntrase en A Coruña, con 5.309 (o 45,2% do total da comunidade) e en Pontevedra, con 4.017 (o 32,4%). O volume de operacións nas provincias de Ourense e Lugo quédanse moi por debaixo destas cifras, con 1.220 e 1.178, respectivamente.

O mercado máis castigado durante os primeros dez meses do ano en Galicia foron precisamente os do interior, cunha caída das vendas de pisos en Ourense de case o 27% e do 24,3% en Lugo. Tamén por encima da caída media autonómica está a soportada na provincia de A Coruña, cun descenso nas compras de pisos do 21,6%. Pontevedra queda case catro puntos por debaixo da taza rexistrada na comunidade: cunha diminución dos contratos de novos propietarios do 14,7%.

Fonte | La Opinión Coruña