A covid precipitou a revolución dixital no sector inmobiliario: adeus ás visitas e ao piso piloto | Observatorio de Vivenda

A covid precipitou a revolución dixital no sector inmobiliario: adeus ás visitas e ao piso piloto

A covid precipitou a revolución dixital no sector inmobiliario: adeus ás visitas e ao piso piloto

A pandemia precipitou a dixitalización do sector inmobiliario debido ao cambio de hábitos: as visitas virtuais a vivendas son usuais, as videochamadas ao axente inmobiliario volvéronse comúns e a firma online de contratos de reserva ou compravenda cobrou un protagonismo co que nadie contaba.

As visitas presenciais están sendo substituídas por videochamadas e visitas 3D da vivenda, nova ou usada, da man dun comercial; xa son habituais as xornadas online de portas abertas ás casas, nas que se conecta con clientes en tempo real para aclarar dúbidas e tamén as firmas dixitales de ofertas e contratos a través do móbil para evitar desprazamentos innecesarios.

Exemplo desta nova era dixital no sector inmobiliario é a empresa Aliseda, o primeiro servicer que va a ofrecer todas as fases da compra dunha casa de forma dixital: prerreserva, reserva, envío da información gráfica da vivenda e a documentación legal. 

Ademais, existe tamén un cambio no sistema das subastas de inmobles, xa que agora é posible comprar con todas as garantías unha propiedade desde calquera parte do mundo, desde o dispositivo móbil e contando con toda a información necesaria e en tempo real.

Fonte | El País