Crece a interese das comunidades de propietarios de España polo autoconsumo compartido | Observatorio de Vivenda

Crece a interese das comunidades de propietarios de España polo autoconsumo compartido

Crece a interese das comunidades de propietarios de España polo autoconsumo compartido

A interese dos propietarios de vivendas polo autoconsumo enerxético aumentou en España, xa que coa pandemia, moitos cidadáns replantexáronse a salubridade e a eficiencia enerxética das súas casas: cada vez máis veciños achéganse ao autoconsumo colectivo, ese que permite a un bloque enteiro ou a unha macrourbanización producir e consumir a súa propia enerxía instalando no seu tellado paneis solares fotovoltaicos, o que supón un aforro dun 25-40% no recibo da luz e un desconto na factura polos excedentes da enerxía xerada que non consumen e verten á rede. 

As compañías danse de conta da crecente interese por estas instalacións colectivas, xa que desde setembro incrementáronse un 40% as peticións de presupostos e consultas de comunidades de propietarios, aínda que algúns aspectos negativos como a Lei de Propiedade Horizontal, que non favorece a aprobación dos proxectos e supón un freno legal e administrativo, frena a posta en marcha destas inciativas.

Fonte | El País