Crecente adxudicará cinco vivendas municipais nos próximos meses | Observatorio de Vivenda

Crecente adxudicará cinco vivendas municipais nos próximos meses

Crecente adxudicará cinco vivendas municipais nos próximos meses

O concello de Crecente adxudicará nos proximos meses cinco vivendas de titularidade municipal que a administración local rehabilitou cun presuposto de 214.320 euros, dos cales a Xunta de Galicia aportou o 80%. Estas cinco vivendas de Crecente súmanse as 167 vivendas en 43 municipios que recibiron 6 millóns de euros da Xunta para a súa rehabilitación, no contexto das cinco convocatorias anteriores. 

O obxectivo é a recuperación de inmobles e edificacións que establece o Pacto Social pola vivenda 2021-2025, enfocado especialmente nos municipios de menos de 20.000 habitantes. 

Fonte | Faro de Vigo