Á crise aumentará o alugueiro de vivenda fronte á compra tamén no 2021 | Observatorio de Vivenda

Á crise aumentará o alugueiro de vivenda fronte á compra tamén no 2021

Á crise aumentará o alugueiro de vivenda fronte á compra tamén no 2021

O sector inmobiliario non é inmune á pandemia e nesta crise o alugueiro máis tradicional ganará músculo durante o primeiro semestre do 2021 en Galicia. Así o vaticina o último estudo elaborado pola Federación Galega de Empresas Inmobiliarias (Fegein), que sinala o auxe e a consolidación do mercado do arrendamiento como unha das principais tendencias que nos deixará o novo ano.

Segundo os cálculos que manexan na organización, en A Coruña, case catro de cada dez vivendas que conforman o parque destinaránse este ano ao alugueiro. É a urbe galega que maior porcentaxe de inmobles ten en arrendamento. Síguenlles Ourense e Santiago, nas que o 23 % das casas estarán arrendadas. En Vigo, esta cifra baixa ao 22 %, mentres que no resto das grandes urbes galegas as cifras son bastante similares ás da cidade olívica, con porcentaxes que rozan o 21 %.

Isto é debido principalmente á falta de financiación, ás baixas taxas de aforro e á situación de inestabilidade laboral, que impiden a moitos cidadáns -sobre todo aos máis xóvenes- acceder a unha vivenda en propiedade.

De forma simultánea a este auxe do alugueiro tamén crecerá a un ritmo nada despreciable o bautizado como build to rent, un modelo de negocio que dende Fegein creen que vai a transformar o mercado da vivenda: o construir e comprar viveendas para alugalas.

Fonte | La Voz de Galicia