A crise da COVID-19 desploma a venda de pisos en Galicia un 45%  | Observatorio de Vivenda

A crise da COVID-19 desploma a venda de pisos en Galicia un 45% 

A crise da COVID-19 desploma a venda de pisos en Galicia un 45% 

Os datos de vendas de vivendas confirman as expectativas para a etapa post-COVID-19 e colocan as operacións na Comunidade Autónoma de Galicia en mínimos históricos no mes de maio. As 861 vendas de pisos rexistradas en maio en Galicia, apenas 30 cada día, supoñen un desplome de casi o 45% respecto o ano 2019 e tan só representan o 3,8% das transaccións totais en España, segundo datos publicados polo Instituto Nacional de Estatística (INE). 

Entre xaneiro e maio, en Galicia formalizáronse 5.952 transaccións o que supón un 20% menos que as rexistradas no mesmo periodo de 2019. É dicir, nos primeiros cinco meses do ano perdeuse unha quinta parte das vendas formalizadas no exercicio pasado, presentando o balance máis baixo dende 2016. As cifras de maio son malas en tódalas tipoloxías de vivendas, aínda que as vivendas usadas resistiron a caída de vendas mellor que a vivendas novas. 

Por provincias, A Coruña concentra o groso das operacións de compravenda de vivenda rexistradas o pasado mes de maio en Galicia, o 51% do total na comunidade. Cun total de 439, das que 363 corresponden a pisos de segunda man e 76 a inmobles a estrenar. 

 

Fonte | La Opinión Coruña