A crise da COVID reactiva en Galicia a construcción de casas nas aforas, cun 5% máis en 2020 | Observatorio de Vivenda

A crise da COVID reactiva en Galicia a construcción de casas nas aforas, cun 5% máis en 2020

A crise da COVID reactiva en Galicia a construcción de casas nas aforas, cun 5% máis en 2020

En Galicia, a pandemia non freou a petición de permisos para a construción de novas vivendas, o paso previo antes de comezar as obras: o ano pasado a comunidade rexistrou 3.814 vivendas visadas, un 5% máis que o ano anterior, mentres que a nivel nacional foron 87.687, un 17,3% menos, segundo as estatísticas do Consello Superior dos Colexios de Arquitectos de España.

Unha parte da suba en Galicia está causada polo desexo dos galegos de vivir nas aforas das cidades en casas unifamiliares con xardín para evitar que outro confinamento lles impida saír das súas casas.

Ao contrario que a nivel nacional, as obras de rehabilitación en Galicia pasaron do 24% en 2019 ao 31% en 2020, un incremento causado pola alza das pequenas reformas no fogar a finais do ano, con rehabilitacións de fachadas, estruturas ou cambios de uso. 

Porén, aínda que os visados de obra nova en Galicia repuntaron o ano pasado, tras o descenso de 2019, mantéñense en mínimos históricos. Se se suman os permisos que foron outorgados nos últimos dez anos, non alcanzan os que se deron só en 2007.

Fonte | La Opinión Coruña