A crise leva a caídas do prezo do alugueiro nas zonas máis tensionadas | Observatorio de Vivenda

A crise leva a caídas do prezo do alugueiro nas zonas máis tensionadas

A crise leva a caídas do prezo do alugueiro nas zonas máis tensionadas

Coa nova Lei de Vivenda, na que se inclúe a habilitación das comunidades autónomas para que podan intervir o prezo nas zonas máis tensionadas, o Estado pretende poñer freo ao encarecemento que experimentaron os pisos en alugueiro nos últimos anos, superando incluso nalgunhas zonas concretas o teiro que se alcanzou antes da crise de 2008. 

Segundo os datos facilitados por Fotocasa, os mercados máis tensionados xa están rexistrando, na maioría dos casos, caídas de prezos tanto mensuais como interanuais. Só hai que mirar cara Madrid e Barcelona, dúas das cidades onde máis creceu o prezo nos últimos anos, para ver reflexado este cambio de tendencia, xa que no mes de setembro o prezo en Barcelona caiu un 4,8% interanual e en Madrid caiu un 2,6%.

A caída máis pronunciada é a de Torrevieja (Alicante), onde o prezo da vivenda en alugueiro descendeu un 19% durante os meses de pandemia e en  Barcelona Capital, as rendas cairon un 9,15% dende febreiro.

No outro extremo atópase Las Palmas de Gran Canarias, onde a vivenda seguiu encarecéndose a pesar do Covid e rexistra un incremento do 12,84% dende febreiro. Sucede o mesmo en Burgos Capital, cunha suba media das rendas do 5,25%.

Fonte | El Economista