Cualedro reformará as súas cinco vivendas sociais | Observatorio de Vivenda

Cualedro reformará as súas cinco vivendas sociais

Cualedro reformará as súas cinco vivendas sociais

Cualedro investirá preto de 118.000 euros na urbanización, delimitación e mellora da contorna das súas cinco vivendas sociais (as antigas vivendas de profesores), reformadas hai escasos meses e situadas entre o Concello e o Colexio Vicente Risco. En total, construiranse cocheiras independentes para cada unha, edificarase un muro para independizar as vivendas da da escola contigua, colocarase novo mobiliario urbano e iluminación. Nas próximas semanas convocarase o concurso para a adxudicación.

Fonte.- La Región