Curtis lanza un concurso público para a contratación da rehabilitación dunha escola unitaria que a transforme en dúas vivendas sociais | Observatorio de Vivenda

Curtis lanza un concurso público para a contratación da rehabilitación dunha escola unitaria que a transforme en dúas vivendas sociais

Curtis lanza un concurso público para a contratación da rehabilitación dunha escola unitaria que a transforme en dúas vivendas sociais

O Concello de Curtis sacou a contratación a rehabilitación da antiga escola unitaria da Espiñeira para habilitar dúas vivendas sociais por un orzamento total de 120.000 euros (máis IVE), a executar no prazo de dous meses. A antiga escola conta cun total de 106 metros cadrados de superficie construída e o proxecto recolle o acondicionamento dunha vivenda na planta baixa e outra no piso superior.

Esta trátase da segunda actuación deste tipo que acomete o Concello, xa que o ano pasado xa reformou outra antiga unitaria para habilitar outras dúas vivendas sociais.

Fonte | La Opinión Coruña