Declárase a Área Rexurbe no Concello de Ribadavia | Observatorio de Vivenda

Declárase a Área Rexurbe no Concello de Ribadavia

Declárase a Área Rexurbe no Concello de Ribadavia

O Consello da Xunta de Galicia declarou a Área Rexurbe de Ribadavia a través da cal se realizarán actuacións públicas e privadas dirixidas á mellora dos inmobles existentes e dos espazos públicos xunto con medidas sociais, ambientais e económicas co obxectivo de mellora das condicións de vida, a creación de riqueza e postos de traballo e a dinamización demográfica.

A área incluirá todo o ámbito do conxunto histórico da vila, e conta cunha superficie total de 0,108 kilómetros cadrados e existen nela, segundo a memoria presentada polo concello, 459 edificios cun total de 709 vivendas. Dese total, 263 edificios atópanse en estado deficiente, malo ou ruinoso. 

 

Fonte | La Región