A demanda de vivenda non segue a liña crecente de 2022 e contráese en 2023 | Observatorio de Vivenda

A demanda de vivenda non segue a liña crecente de 2022 e contráese en 2023

A demanda de vivenda non segue a liña crecente de 2022 e contráese en 2023

Segundo o informe presentado por Colliers, empresa de asesoramento financieiro e inmobiliario, onde se analizan os principais mercados dentro do territorio nacional, o sector residencial en España rexistrou una redución do 12% na demanda de vivenda no ano 2023, en contraposición á boa inercia do ano anterior. Algunhas das causas mencionadas no informe son o encarecemento do coste das hipotecas e o endurecemento das condicións de acceso ao crédito bancario. 

A demanda estranxeira tamén sufriu un descenso, aínda que inferior ao da demanda nacional. Para o último trimestre, espérase unha estabilización de prezos tras o forte crecemento experimentado en practicamente todas as capitais de provincia.

Fonte.- Idealista