A demanda de vivenda nova dispárase en Vigo e urxe oferta | Observatorio de Vivenda

A demanda de vivenda nova dispárase en Vigo e urxe oferta

A demanda de vivenda nova dispárase en Vigo e urxe oferta

O mercado inmobiliario está a enfilar a recuperación post-covid en Vigo coa demanda á alza e a oferta mellorando, aínda que aínda é escasa. A patronal galega do sector, Fegein, constata esta reactivación do mercado aínda que advirte que a área de Vigo necesita máis obra nova para poder absorber a puxante demanda, situando en Porriño, Nigrán, Cangas e Baiona as localidades máis demandadas para vivir na comarca viguesa. 

Na provincia habería 50 promocións de obra nova entre a área de Vigo e de Pontevedra, Morrazo e Sanxenxo e o sector apunta a que esta reactivación do mercado terá un efecto nos prezos cun incremento no segundo semestre, seguindo a tónica alcista iniciada en 2021, xa que no primeiro trimestre do ano a vivenda encareceuse un 2,2% en Galicia, á vez que a compravenda de inmobles crecía.

Segundo a Federación Galega de Empresas Inmobiliarias (Fegein) hai varias causas deste incremento: a mellor situación sanitaria e económica actual fronte á demanda que estaba embalsada polas restricións de mobilidade e a incerteza económica no último ano e tamén hai un exceso de aforro que anima a comprar. 

Fonte | Atlántico