A demanda de vivenda pública en Vigo actualmente é a cifra máis baixa dende 2021 | Observatorio de Vivenda

A demanda de vivenda pública en Vigo actualmente é a cifra máis baixa dende 2021

A demanda de vivenda pública en Vigo actualmente é a cifra máis baixa dende 2021

Segundo os datos recollidos no Rexistro Único de Demandantes de Galicia, que actualiza diariamente a Xunta, amosa que son 829 as familias que están á espera dunha vivenda pública na cidade. Esta cifrá é un 11% menor que no mesmo periodo do ano anterior, onde eran 935 as peticións de vivenda pública, e tamén menor ao dato co que se pechou 2023, que foron case 1.000 peticións. A demanda deste tipo de fogares de promoción pública reduciuse a, prácticamente, mínimos históricos na cidade de Vigo

A cifra de demandantes caeu nas cidades de Lugo e Vigo, mentres que nas cidades de Ferrol, Ourense, Santiago e A Coruña o aumento no último ano foi considerable, con crecementos entre o 20% e o 60%. En Pontevedra, ademais das 829 familias que buscan unha vivenda pública, hai outras 81 que optan a pisos protexidos, o que dá un total de 910 demandantes, a cifra máis baixa dos últimos anos. En toda a comarca, incluída a capital, ese número total é de 1.220, lonxe dos 1.342 rexistrados hai un ano. Isto supón unha caída global do 9%, e que só Caldas de Reis e Sanxenxo experimentan un aumento, próximo ao 20%.

O IGVS ultima a adxudicación de 74 vivendas de promoción pública na zona norte do polígono de Valdecorvos, cunha parcela de 4.620 metros cadrados e que se destinarán exclusivamente ao alugueiro social. Entre os 829 anotados no Rexistro para pisos sociais, un total de 570 demandan esta modalidade de arrendamento e outros 204 optan polo apartado de alugueiro con opción de compra. Ambos supoñen o 93% do total de demandantes na zona.

Fonte.- Faro de Vigo