A demanda dunha vivenda unifamiliar industrializada toma impulso pola covid-19 | Observatorio de Vivenda

A demanda dunha vivenda unifamiliar industrializada toma impulso pola covid-19

A demanda dunha vivenda unifamiliar industrializada toma impulso pola covid-19

A covid-19 está cambiando as preferencias dos españois á hora de buscar unha vivenda. O confinamento e o auxe do teletraballo están facendo que moitas persoas se pregunten cómo deben ser as súas vivendas para mellorar a súa calidade de vida. A luminosidade, as zonas exteriores como xardíns, terrazas, a eficiencia enerxética e que estén alonxadas dos núcleos urbanos son características cada vez máis demandadas.

En este contexto,  a vivenda industrializada modular está gañando terreo como a opción máis rendible para satisfacer todas estas necesidades con garantías tanto para o cliente final como para o promotor. A gran diferencia que aporta o sistema 3D ou modular con respecto a outros sistemas de industrialización, é que a gran totalidade da construcción execútase na fábrica. A robustez dos procesos de fabricación asegura uns estándares de alta calidade verificables e sustentables, así como programar os tempos de producción e ofrecer prazos a medida en función das necesidades do promotor.

Outra vantaxe significativa deste sistema de fabricación é a estabilidade dos custos de construcción. Seguindo a pauta dos bens de equipo industriais, as operacións están exentas de prezos contradictorios ou desviacións, é dicir, o importe de liquidación é o mesmo que o de contratación. Grazas a isto, un maior número de operacións son viables dende o inicio e o cliente final ten cada vez máis opcións de facerse cunha vivenda producida en fábrica.

Fonte | Idealista