A demanda universitaria esgota a bolsa de pisos en alugueiro de Santiago | Observatorio de Vivenda

A demanda universitaria esgota a bolsa de pisos en alugueiro de Santiago

A demanda universitaria esgota a bolsa de pisos en alugueiro de Santiago

A diferenza do ano pasado, marcado pola incerteza sobre se as clases serían ou non presenciais, os alumnos decidíronse a buscar canto antes un piso, porque non atopalo agora podería significar quedar sen teito ou conformarse cun afastado das facultades. Por este motivo, nalgunhas inmobiliarias da cidade xa escasea a oferta de vivendas en alugueiro. 

A escaseza é tal que os estudantes xa ven desbordados: algúns levan días viaxando de inmobiliaria en inmobiliaria para atopar unha vivenda decente e que se atope preto das facultades.

Por suposto, todo isto repercute no prezo final. As áreas próximas ao Campus Sur, como o Ensanche ou a Praza Roxa, son as máis demandadas e as que teñen os prezos máis altos, sendo máis baratos os alugueiros no Campus Norte. 

Así, no últimos cinco anos, o prezo do alugueiro en Santiago encareceuse ao redor dun 10 %. 

Fonte | La Voz de Galicia