As demandas por ocupación ilegal de vivendas en Galicia caen un 31 % desde 2019 | Observatorio de Vivenda

As demandas por ocupación ilegal de vivendas en Galicia caen un 31 % desde 2019

As demandas por ocupación ilegal de vivendas en Galicia caen un 31 % desde 2019

Segundo os datos publicados por o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), durante o segundo trimestre do ano presentáronse en Galicia 22 demandas por ocupación ilegal de vivendas, doce delas na provincia de Pontevedra e dez na da Coruña, o que supón unha caída do 18,5 % respecto ao ano anterior e do 31 % respecto ao 2019. 

Con estes datos, Galicia sitúase como a terceira comunidade de España con menos ratio de demandas segundo a súa poboación, xa que entre abril e xuño presentáronse 0,8 por cada 100.000 habitantes.

En canto aos desafiuzamentos, practicáronse en Galicia entre abril e xuño 447 lanzamentos, un 32 % menos con respecto aos mesmos meses do 2019.

Fonte | La Voz de Galicia