Dende 2009, o Instituto Galego de Vivenda e Solo adxudicou 2.403 vivendas de promoción pública de nova construción | Observatorio de Vivenda

Dende 2009, o Instituto Galego de Vivenda e Solo adxudicou 2.403 vivendas de promoción pública de nova construción

Dende 2009, o Instituto Galego de Vivenda e Solo adxudicou 2.403 vivendas de promoción pública de nova construción

Segundo os datos publicados polo IGVS, entre os anos 2009 e 2023 entregáronse 2.403 vivendas de promoción pública de nova construción. Destas vivendas entregadas, na provincia de Pontevedra os municipios con maior número son O Porriño con 35 vivendas públicas, seguido por Vilagarcía con 31. Ademáis das vivendas de promoción pública de nova construción, foron entregadas neste periodo un total de 2.281 vivendas públicas usadas.

No caso dunha vivenda de protección oficial de promoción pública, é a administración a que xestiona a compra do terreo, o financiamento a construción e a entrega, sen ánimo de lucro. O Rexistro Único de Demandantes de Galicia permite comprobar a gran demanda que existe sobre este tipo de vivendas. No caso dunha vivenda de promoción privada, mantéñense as mesmas características, prezos e requisitos que as de promoción pública pero neste caso é unha cooperativa ou unha empresa a que as comercializa.

Os datos, a día 25 de xaneiro, indican que, en toda a provincia, o rexistro autonómico conta con 10.276 inscritos. Na provincia de Pontevedra os municipios con maior demanda son, agás das cidades, Mos, Vilagarcía de Arousa, Cangas, O Porriño e A Estrada. 

Fonte.- Faro de Vigo