Dende París investígase o subarrendamento de vivendas sociais a prezos abusivos | Observatorio de Vivenda

Dende París investígase o subarrendamento de vivendas sociais a prezos abusivos

Dende París investígase o subarrendamento de vivendas sociais a prezos abusivos

Dende a capital francesa estase a investigar a publicación de anuncios sospeitosos en plataformas de alugueiro coñecidas como Air BnB, onde se ofertan vivendas ou habitacións, a prezos elevados, en direccións que coinciden coas vivendas sociais que o Goberno pon a disposición das familias desfavorecidas ou refuxios de emerxencia. Trátase de apartamentos, moi céntricos e demandados, que algúns inquilinos aproveitan para lucrarse por medio de alugueiros vacacionais. O alcalde da cidade saíu ao paso das sospeitas, afirmando que a todo inquilino de vivenda social que sexa sorprendido nesta práctica se lle finalizará o contrato arrendamento.

Fonte.- Le Parisien