Dende setembro será máis doado vender en España unha vivenda herdada | Observatorio de Vivenda

Dende setembro será máis doado vender en España unha vivenda herdada

Dende setembro será máis doado vender en España unha vivenda herdada

A partir de setembro vender unha vivenda en España procedente dunha herdanza será máis doado xa que o artigo 28 da lei hipotecaria, o cal impoñía unha moratoria de dous anos para ter a plena titularidade sobre a vivenda recibida a aqueles que non foran herdeiros directos do falecido, pasará á historia. 

Segundo os datos publicados polo Instituto Nacional de Estatística (INE), durante a pandemia bateuse o récord histórico de transmisión de vivenda a través de herdanzas en España, alcanzando o máximo o pasado marzo con case 19.500 transmisións. O repunte en Galicia foi máis reducido cun máximo de 1.007 vivendas en xuño de 2021.

Un estudo do portal inmobiliario Fotocasa constata que os legados de vivenda durante a pandemia aumentaron, supoñendo o 20 % da oferta total de inmobles.

 

 

Fonte | La Voz de Galicia