A Deputación de Lugo lanza unha bolsa de alugueiro co obxectivo de aumentar a poboación no rural | Observatorio de Vivenda

A Deputación de Lugo lanza unha bolsa de alugueiro co obxectivo de aumentar a poboación no rural

A Deputación de Lugo lanza unha bolsa de alugueiro co obxectivo de aumentar a poboación no rural

Dende a Deputación de Lugo lánzase a estratexia "E para vivir, Lugo" co obxectivo de paliar o declive demográfico, a través da cal acábase de presentar un plan piloto que suporía ofrecer 50 axudas de 600 euros cada unha aos propietarios de vivendas que as poñan en alugueiro en municipios con menos de 5.000 habitantes. A idea do plan é poñer facilidades aos propietarios para alugar vivendas no rural e permitir a persoas ter acceso á vivenda. A propia Deputación faría de mediadora, comenzando coa publicación no Boletín Oficial da Provincia o prazo dun mes para que os propietarios recurran ao programa. 

Os tres concellos que terán prioridade, posto que forman parte da estratexia inicial do programa, son A Fonsagrada, O Valadouro e Xermade, pero a bolsa de axudas ábrese a tódolos concellos con menos de 5.000 habitantes. Os criterios para acceder a estas axudas, ademáis de acreditar os documentos que certifiquen a propiedade, deberán permanecer na bolsa durante 3 anos, a contar dende a publicación da resolución definitiva no BOP de Lugo. Ademáis, para poder recibir estas axudas, as vivendas deberán ser alugadas mantendo o prezo de alugueiro conforme aos prezos de mercado, e reducir o 50% do importe correspondente á primeira mensualidade do alugueiro, co fin de que o inquilino poda asentarse no municipio. 

Fonte.- La Voz de Galicia