Desaparece o artigo 28 da Lei Hipotecaria española, mediante o cal se limitaba a venda de vivendas herdadas | Observatorio de Vivenda

Desaparece o artigo 28 da Lei Hipotecaria española, mediante o cal se limitaba a venda de vivendas herdadas

Desaparece o artigo 28 da Lei Hipotecaria española, mediante o cal se limitaba a venda de vivendas herdadas

O pasado venres 3 de setembro desapareceu o artigo 28 da Lei Hipotecaria española, considerado un dos máis inxustos no mercado inmobiliario. Este dificultaba a venda de inmobles herdados aos herdeiros non directos (por exemplo, irmáns), xa que non permitía a transacción ata pasados dous anos da morte do propietario por se aparecía un fillo ilexítimo.

A derrogación deste artigo fará que as vivendas se poidan vender inmediatamente sen esta limitación e polo prezo de mercado, xa que os condicionantes do xa derrogado artigo facían que o prezo fose inferior ou directamente rexeitásese a súa compra e permitirá unha maior rotación de propiedades no mercado inmobiliario.

Ademais, esta derrogación ten carácter retroactivo, polo que a partir do 3 de setembro ningunha propiedade estará suxeita a esta limitación do artigo 28 da Lei Hipotecaria.

Fonte | Idealista