Descende un 25% o número de licencias de obra en Vigo | Observatorio de Vivenda

Descende un 25% o número de licencias de obra en Vigo

Descende un 25% o número de licencias de obra en Vigo

Segundo os datos que manexan tanto o Instituto Galego Estatístico (IGE) como o Colexio de Arquitectos Técnicos, o número de licencias e expedientes de obra descendeu en 2023 un 25% con respecto ao ano anterior na cidade de Vigo. Isto débese en parte a que o Plan Xeral de Ordenación Municipal non está todavía aprobado definitivamente, polo que as posibilidades de desenvolver novas obras son máis reducidas. A previsión é que o plan entre en funcionamento entre maio e xuño, polo que ata ese momento non se esperan grandes cambios nas licencias de obra nova. 

Segundo os datos do IGE, nos primeiros dez meses do ano 2023 aprobáronse 108 licencias de obra nova, mentres que no mesmo periodo do ano anterior foron 139 as licencias aprobadas. Doutra banda, cos datos do Colexio de Arquitectos Técnicos, que realizan un control dos permisos a través dos expedientes de obra, pódese observar como a suma de obra nova e rehabilitacións deu lugar a 84 proxectos, mentres que no mesmo periodo do ano anterior foron 103. O importe total tamén se reduciu, en concreto, o último cuadrimestre de 2023 alcanzou os 12,6 millóns de euros, mentres que no último cuadrimestre de 2022 foron 18,5 os millóns investidos. 

Fonte.- Atlántico