Descenden en outubro as hipotecas sobre vivendas un 11,8% | Observatorio de Vivenda

Descenden en outubro as hipotecas sobre vivendas un 11,8%

Descenden en outubro as hipotecas sobre vivendas un 11,8%

Segundo os datos publicados polo INE, as hipotecas asinadas sobre vivendas caíron un 11,8% en outubro en Galicia, chegando ata os 1.127 préstamos, mentres que o capital concedido baixou un 20,6%. O descenso na media nacional foi maior que na comunidade galega, cunha baixada do 22,3%, con 31.921 préstamos e un descenso do 26,4% no capital concedido. 

Na comparativa co mes de setembro, o número total de hipotecas asinadas subiu un 21,3%, e o capital un 16,1%.

O número total de hipotecas sobre fincas en Galicia foi de 1.541, sendo destas 1.127 fincas urbanas. No 93,9% das hipotecas sobre o total de fincas tiña como prestamista a un banco.

As hipotecas canceladas en outubro chegaron ata as 2.223, das cales 1.549 eran vivendas. Ademáis, producíronse cambios rexistrales en 467 préstamos.

Fonte.- EuropaPress