Descenso menos pronunciado nas hipotecas asinadas en outubro nun contexto de subida do tipo medio de interese | Observatorio de Vivenda

Descenso menos pronunciado nas hipotecas asinadas en outubro nun contexto de subida do tipo medio de interese

Descenso menos pronunciado nas hipotecas asinadas en outubro nun contexto de subida do tipo medio de interese

Segundo os datos publicados polo Instituto Nacional de Estatística, o tipo de interese medio alcanzou o 3,32%, a súa cifra máis alta dende decembro de 2015, mentres que as hipotecas asinadas baixaron un 22,3% interanual en outubro, situándose nos 31.921 préstamos. Este é o noveno mes consecutivo con tasas negativas nas operacións hipotecarias, aínda que o descenso en outubro foi menos pronunciado que o rexistrado no mes anterior, que correspondeu cunha baixada do 29,6%. Aínda así, isto supón que nos últimos tres meses a caída supera o 20%, como consecuencia do endurecemento monetario que provoca un descenso na demanda. 

O importe medio das hipotecas constituidas sobre vivendas baixou un 5,3% neste mes de outubro en relación a outubro do ano pasado, ata os 140.564€, mentres que o capital prestado descendeu un 26,4%, ata chegar aos 4.487 millóns de euros, segundo o INE.

Fonte.- El País