Descenso no prezo da vivenda en alugueiro en España | Observatorio de Vivenda

Descenso no prezo da vivenda en alugueiro en España

Descenso no prezo da vivenda en alugueiro en España

O prezo da vivenda en alugueiro en España descende un -2,7% na súa variación interanual, mantendo o seu prezo en 10,44 euros o metro cadrado ao mes en xullo, segundo os datos do Índice Inmobiliario Fotocasa. Este último valor (-2,7%) é o sexto descenso rexistrado desde febreiro de 2021.

En España 13 comunidades autónomas presentan datos mensuais positivos en xullo de 2021. As comunidades de Extremadura e Cantabria cun incremento dun 3,1% e un 2,9%, son as rexións que máis soben de prezo. Así, o prezo da vivenda descende nas comunidades de Navarra (-4,4%), Castilla y León, Andalucía e Galicia no mes de xullo. Respecto á variación interanual a baixada máis representativa de prezos a representan Baleares e Madrid cun -7,8%.

As comunidades autónomas co prezo da vivenda máis caras para alugar unha vivenda en España son Madrid e Cataluña, cos prezos de 13,84 euros o metro cadrado ao mes e 13,79 euros o metro cadrado ao mes, respectivamente, co País Vasco pechando o podio. Por outra banda as comunidades cos prezos máis baixos para alugar son Castilla La Mancha e Extremadura con 6,01 e 5,72 euros o metro cadrado.

 

Fonte | Fotocasa