As dez cidades europeas máis baratas para o alugueiro de vivendas temporais | Observatorio de Vivenda

As dez cidades europeas máis baratas para o alugueiro de vivendas temporais

As dez cidades europeas máis baratas para o alugueiro de vivendas temporais

Europa e algunhas cidades comezan a recuperar o turismo de negocio e con isto increméntanse os alugueiros de vivendas temporais. Segundo os datos recompilados por Homelike, son oito as cidades europeas que incrementaron os prezos dos alugueiros de vivendas temporais respecto do 2020, lideradas por Cambridge (Inglaterra), seguida de Dublín (Irlanda), Heildeberg (Alemania) ou Viena (Austria).

A mesma plataforma recompilou os prezos medios en 2020 e 2021 en 20 cidades europeas no que a alugueiros temporais se refire, e concluíu que a maioría delas sufriron caídas nos prezos dos aloxamentos temporais.

Seis cidades alemás ocupan os primeiros postos entre as máis económicas, sendo a primeira Colonia con 994 euros ao mes, seguida de Dusseldorf e Bonn, que pecha o podio cun alugueiro temporal de 1.132 euros ao mes. Madrid ou Barcelona viron caer os seus prezos nun 6,55% e un 5,97% respectivamente, o que sitúa a ambas cidades entre as dez máis económicas para o alugueiro dun apartamento temporal. 

Entre os prezos máis elevados atopamos a cidade de Cambridge, en Inglaterra, liderando a lista das dez cidades europeas máis caras para o alugueiro dunha vivenda por tempadas cun prezo de 4,146 euros mensuais. Séguenlle Londres con 3.422 euros ao mes, Dublín con 2.812 euros mensuais, Zurich, París, Edimburgo, Ámsterdam e Múnich pechando a lista con 1.522 euros ao mes por alugueiro dunha vivenda temporal.

 

 

Fonte | El Economista