Dinamarca conxelará os prezos dos alugueiros nas grandes cidades | Observatorio de Vivenda

Dinamarca conxelará os prezos dos alugueiros nas grandes cidades

Dinamarca conxelará os prezos dos alugueiros nas grandes cidades

O Goberno de Dinamarca modificará a Lei que regula a vivenda no país tras chegar a un acordo para conxelar os prezos dos alugueiros nas grandes cidades. A necesidade de chegar a este acordo débese a que existe un problema cas vivendas antigas das grandes cidades, nas que a lei permite aumentar o prezo do alugueiro no caso de levar a cabo grandes reformas, o que incita os grandes compradores a adquirilas por un baixo prezo, reformalas e poñelas de volta no mercado con prezos elevados. 

O acordo implica a conxelación durante cinco anos do prezo do alugueiro dende a compra e posterior renovación por parte dun comprador, xa sea persoa física ou xurídica. Tamén se establece que o arrendador non pode subir o prezo da renda por encima do valor de mercado ou unha Xunta de Alugueiros para aumentar a transparencia no mercado. 

 

Fonte | idealista