Directivos do sector inmobiliario mostran optimismo de cara a 2024 | Observatorio de Vivenda

Directivos do sector inmobiliario mostran optimismo de cara a 2024

Directivos do sector inmobiliario mostran optimismo de cara a 2024

Trala forte caída dos investimentos durante este 2023, debida en parte á forte subida dos tipos de interese, os directivos do sector inmobiliario esperan que se produza unha mellora das condicións de financiación e un axuste da valoración dos activos que supoña un impulso ó investimento no sector durante o próximo 2024. As constantes subidas dos tipos de interese aprobadas polo BCE durante estes últimos anos, e o conseguinte encarecemento da financiación deixou a industria inmobiliaria nunha situación de inactividade.

Segundo os datos de Addmeet, o investimento inmobiliario en España reduciuse un 25%, ata os 21.000 millóns de euros, fronte ós 28.000 millóns de 2022. Os expertos teñen unha expectativa optimista de cara a este ano 2024, segundo un informe elaborado por PwC e Urban Land Institute. A opinión destaca que o incremento do prezo do diñeiro, a evolución da inflación e a debilidade económica na zona euro van seguir sendo as grandes preocupacións dos inversores, pero espérase certa mellora nas variables e polo tanto, unha reactivación da actividade inmobilaria.

Fonte.- El Confidencial