Durante o 2020 os desafiuzamentos descenderon un 38% e as denuncias por ocupación descenderon un 35% en Galicia | Observatorio de Vivenda

Durante o 2020 os desafiuzamentos descenderon un 38% e as denuncias por ocupación descenderon un 35% en Galicia

Durante o 2020 os desafiuzamentos descenderon un 38% e as denuncias por ocupación descenderon un 35% en Galicia

Os desafiuzamentos en Galicia descenderon prácticamente un 40 por cento en 2020 con respecto a 2019. En concreto, realizáronse un total de 1.398 desafiuzamentos na comunidade, oq ue supón un descenso do 38,4 por cento con respecto ao ano anterior: unha caída significativa, aínda que non o suficientemente amplia como para alcanzar a media nacional, cuxo descenso foi cifrado nun 45,6 por cento.

Desglosando os datos desta caída, un 82% dos desafiuzamentos galegos producíronse por impago do alugueiro, mentres que dos restantes, 206 corresponden con execucións hipotecarias e 42 foron por outras causas.

Noutro orde de cousas, tamén se rexistrou unha forte caída das demandas por ocupación ilegal das vivendas, que non chegou ao centenar en toda a comunidade. En concreto, foron un total de 94 denuncias, o que supón un descenso do 35,2% con respecto ao 2019, cando se cifraron un total de 145 demandas, segundo o Consejo General del Poder Judicial (CGPJ).

Fonte | ABC