A Empresa Municipal de Vivenda de A Coruña abre o prazo para captar vivendas de alugueiro social | Observatorio de Vivenda

A Empresa Municipal de Vivenda de A Coruña abre o prazo para captar vivendas de alugueiro social

A Empresa Municipal de Vivenda de A Coruña abre o prazo para captar vivendas de alugueiro social

A Empresa Municipal de Vivenda, Servizos e Actividades (EMVSA) abre mañá a convocatoria para a captación de vivendas para alugueiros sociais. O prazo permanecerá aberto ata o 5 de Marzo. 

A pesares de que na convocatoria oficial aprobada o pasado 5 de Febreiro esixíase que as vivendas estiveras situadas no municipio coruñés, finalmente admitiranse excepcionalmente inmobles fóra do Concello. Os propietarios percibirán ata un máximo de 660 euros polas vivendas, dependendo das características das mesmas.

EMVSA comprométese a axudar aos propietarios coas solicitudes, cadrar os alugueiros cos solicitantes, aseguralos contratos con pólizas e fará un seguimento dos inmobles e dos inquilinos.

Fonte| La Opinión de A Coruña